Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rueiro de ArteLixo para concienciar “a todo trapo”

WhatsApp Image 2024-04-16 at 09.28.43 (3)

A todo trapo! Así se atopan as rúas de Redondela que ata o 20 de abril conforman o escenario das obras con material de refugallo  dedicadas a conciencia sobre o medio ambiente co obxectivo, este ano, de denunciar a problemática ambiental que xera a industria textil.  Un total de 62 obras repartidas en diferentes grupos de exposición, das que facemos un repaso sen descubrilas todas para deixar espazo para a pescuda e a aventura de atoparte con sorpresas cando camiñas polas beirarrúas e os parques.

Arte e reivindicación medioambiental para chamar a atención sobre as consecuencias medioambientais que causa a “moda rápida” con roupa e usar e tirar que converten a industria textil como a segunda máis contaminante do mundo, só por detrás da petroleira. O concepto de “fast fashion” ou moda rápida, refírese a un fenómeno de produción e consumo masivo que se incrementa á mesma velocidade á que van cambiando as tendencias. O tempo de vida de cada peza fabricada é realmente curto. Segundo datos da entidade Modare-, ligada a Cáritas,  cada ano recollen máis de 43 millóns de quilos de roupa, calzado e complementos de segunda man. ArteLixo levou esta problemática tamén as escolas, centros e institutos de Redondela e controna quenes participaron aportando as súas obras. Podemos atopar pezas feitas por alumnado do IES Pedro Flroiani, CEIP Plurilingüe Quintela, CEIP Reboreda, CEIP Igrexa, Colexio Mendiño,   IES Illa de San Simón, CEIP Santa Mariña, CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, EEI de San Pedro,  Escola Infantil As fillotiñas, Centro de día Aldeas Infantiles, Colexio Vigo ou Lenda saúde Mental.

Unha das últimas incorporacións é a obra: Altri NON GRAZAS!! En denuncia da instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei (Ulla).

Como novidade deste ano, unha vez rematado o certame, o alumnado do obradoiro de emprego de deseño gráfico do Concello de Redondela confeccionará un catálogo que documentará as obras participantes. Artelixo tamén contará cun debate no Multiusos o 19 de abril ás 20:00 horas. Carlos Taibo será quen medie nesta actividade.

A edición chegará ao seu fin o día 20 de abril coa celebración do Sonalixo, que compartirá espazo co concurso de maquetas de Millo Verde, e Obralixo no espazo da antiga Feira do Gando

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará