Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoán Colazo presenta en Cal3 o libro “Cento doce viaxes na miña terra”

xoan colazo libro

Cal3 Fotografía acolle este xoves 18 ás 20:00 horas a presentación do libro editado por Sermos Galiza “Cento doce viaxes na miña terra”. Trala presentación por parte de Cecilia Pérez Orxe, o autor –Xoán Colazo Pazó- debullará o contido desta publicación de case 500 páxinas e máis de 250 fotografías que percorre todas as comarcas do país cunha ollada afastada dos tópicos para consumo inmediato. O acto, entendido como unha palestra na que se proxectarán imaxes de elementos naturais, patrimoniais e históricos, busca dar pé a unha reflexión sobre o noso territorio, gravemente afectado por múltiples formas de destrución e degradación.

O libro busca partillar a paixón polo país, espertar na xente o interese de saír a camiñar e coñecer a nosa terra, como xeito de valorala, querela, reivindicala e sermos conscientes da nosa historia, da rica arte, da natureza vizosa, da toponimia de noso, das poéticas formas de montes, ribeiras e vales. Pero tamén coñecer as miserias do país, como os elementos patrimoniais estragados, zonas de grande interese natural degradados por desleixo ou voracidade de intereses económicos, e en toda parte unha cultura agredida e unha poboación que esmorece.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará