O estacionamento disuasorio de Vilavella permanecerá pechado na xornada de hoxe para realizar traballos de acondicionamentos. Dende a Concellería de Parques e Xardíns xustifican esta medida ante a necesidade de delimitar as zonas verdes cun valado de postes e corda. Aseguran que estes traballos son necesarios para “evitar o comportamento incívico dos condutores que pasan cos seus vehículos por riba das zonas axardinadas ocasionando graves desperfectos”.
Malia que os operarios xa estaban na mañá de hoxe traballando neste estacionamento ao carón do Convento, eran moitos os vehículos que permanecían aparcados no lugar ao non terse feito este aviso con antelación suficiente.

