Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña de recollida de sinaturas para esixir á Xunta melloras no centro de saúde de Arcade

centro saúde arcade

O BNG de Soutomaior reclama máis persoal e que se cubra a praza de Pediatría. Este sábado a partir das 10:00, instalará un punto de recollida de sinaturas na Alameda de Talo Río co obxecto de esixir á Xunta que garanta os dereitos sanitarios dos máis 7.500 veciños e veciñas do concello que ”levan anos sufrindo os recortes neste servizo”

Explican dende o Bloque que o centro conta só con tres médicos para atender a toda a poboación de Soutomaior, o que supón unha ratio de 2.500 habitantes por facultativo. Un exemplo desta evidente política de recortes do PP na sanidade pública de Soutomaior é a situación no servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Arcade, que leva máis de 500 días sen un ou unha pediatra que atenda ao case milleiro de nenos e nenas censadas en Soutomaior.

O responsable local do BNG de Soutomaior, José Costas, sinalou directamente ao PP e á Xunta como únicos culpables da situación na que vive o centro de saúde de Arcade. “Fronte a un PP en Soutomaior e na Xunta instalado nos recortes e no silencio máis absolutos, no BNG estivemos e estaremos sempre a carón da veciñanza para loitar polos seus dereitos sanitarios”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará