Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Institutos Pedro Floriani e IES Chapela súmanse ás mobilizacións a favor de Palestina

palestina 1

As protestas, convocadas polo Colectivo Docentes con Palestina concentraban nos patios dos centros educativos a alumnado e profesorado que se sumaron a esta movilización promovida ante unha masacre que xa se cobrou máis de 32.000 vidas e na que “morreron máis nenos e nenas nestes seis meses de guerra que no conxunto de todas as guerra do mundo dos últimos catro anos”. As mobilizacións tiveron lugar ás 12:00 horas cunha concentración e a lectura dun manifesto baixo o lema “Paremos a masacre en Palestina”.

A comunidade educativa, explican dende o colectivo, nin pode, nin debe de ficar calada ante o xenocidio que o Estado de Israel está a cometer nos territorios ocupados de Gaza “o silencio, a equidistancia, ignorar o que está a suceder en Gaza é incompatible coa solidariedade, a xustiza e a cidadanía democrática”. Ante esta situación convocaron na xornada de hoxe unha acción reivindicativa consistente na concentración da comunidade educativa en solidariedade co pobo Palestina e a lectura dun manifesto para denunciar o xenocidio que se está a cometer. Así mesmo, esíxese o cese inmediato do fogo en Palestina e a apertura dos pasos fronteirizos para a libre circulación de axuda humanitaria. Unha mobilización á que se sumaron o Instituto de Chapela e o Pedro Floriani onde se colocou unha bandeira en solidariedade co territorio e as persoas de Palestina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará