Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ministerio de Transportes investirá 3,7 millóns de euros na modernización da estación de tren de Redondela

reforma

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, anunciou a licitación do proxecto que busca “mellorar a mobilidade no transporte ferroviario” e suporá a creación de novas marquesiñas, puntos de luz, pavimentos e a instalación de ascensores con iluminación e vixilancia. No edificio de viaxeiros renovarase o vestíbulo, os aseos, e tamén a iluminación exterior e da fachada. A alcaldesa Digna Rivas amosou a súa satisfacción por estas obras que servirán “para que a estación histórica de Redondela conte cunhas instalacións modernas e accesibles”.

Abel Losada anunciou hoxe nunha visita á estación de Redondela na que estivo acompañado da alcaldesa e o concelleiro de urbanismo, Antonio Cabaleiro, o compromiso do Executivo na modernización destas instalación. Neste sentido afirmou que se destinarán 3,67 millóns de euros dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para a súa renovación.

A licitación do contrato por parte de ADIF está xa en marcha e prevé a creación de dúas novas marquesiñas, na plataforma 2 e na embocadura do paso inferior da plataforma 1, así como a instalación de novos puntos de luz, pavimentos, equipamentos e sinalizacións. Así mesmo, equiparase o novo paso inferior de ascensores con iluminación e vixilancia.

No edificio de viaxeiros, proxéctase a renovación do vestíbulo, do teito, dos aseos, da iluminación exterior e da fachada de acceso ás plataformas, a substitución das luminarias actuais por luminarias de baixo consumo e o tratamento integral de paredes, chans e carpinterías.

O subdelegado explicou que o proxecto tamén prevé a reorganización deste espazo mediante a creación dun paso directo entre a praza da estación e as plataformas. Ademais, nas actuais oficinas de venta de billetes sen uso, crearanse novos aseos, accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Losada informou de que se contempla tamén unha reordenación da praza da estación, creando unha nova zona de aparcamento, unha bolsa de taxis e delimitando a zona do paso de peóns. Amais, reservarase unha praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e outra disporá dun punto de carga eléctrico. Por último, planease tamén substituír os pavimentos da praza, rehabilitar o sistema de saneamento, que actualmente atópase en mal estado, e renovar tanto a iluminación e os rótulos do exterior.

Abel Losada, subdelegado do Goberno

Pola súa banda a alcaldesa amosou a súa satisfacción por este proxecto que agora se licita e que servirá “para que a estación histórica de Redondela, que é moi utilizada pola cidadanía, conte cunhas instalacións modernas e accesible para todos e todas”. Por outra banda incidiu tamén na necesidade de mellorar a estrada de acceso á estación e lembrou que o Concello “leva anos demandando á Adif a reparación desta estrada, que é moi utilizada tanto pola veciñanza que se achega á estación como polos traballadores e traballadoras da factoría que se atopa ao seu carón”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O proxecto de reforma da estación de Redondela é unha actuación complementaria ás obras de renovación integral do tramo entre Redondela e Vigo-Guixar e as súas estacións, nas que o Goberno investirá 14,1 millóns de euros. Un proxecto que prevé, entre outras melloras nas instalacións redondelás, a construción dunha nova plataforma e marquesiña central, así como dun novo paso inferior entre plataformas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará