Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os beretes do CR de Chapela lideran a Liga Galega de Bateis

436495710_942252394572712_4089409740724295254_n

Fotos de Remeirando

O clima e o forte vente non permitiu celebrar a última bandeira da I Liga Galega de Bateis, III Bandeira Comunidade de Montes de Meira, que estaba prevista para o sábado 7 de abril.  O domingo, o vento e a choiva deron un descanso ás embarcacións e permitiu que se celebrara a Final de Finais que enfrontou aos dous primeiros clasificados de cada categoría das zonas norte e sur na enseada de Moaña.

Nesta xornada, do 7 de abril, o CR de Chapela recolleu o ouro nas categorías absoluta feminina, absoluta masculina e xuvenil masculina. Cabe destacar o terceiro posto da embarcación berete da categoría cadete masculina que tamén puido subirse ao podio.

Cabo de Cruz erixiuse como vencedor con catro vitorias nas categorías infantil feminina, Cadete Feminina e Sub23 feminina, ademais da Cadete masculina. Foron campións temén  Mugardos en infantil feminino, Samertolaméu-Fandicosta en xuvenil feminino, Bueu-Simei  en alevín masculino), Mecos en infantil masculino e Amegrove en absoluto masculino.

A Liga Galega de Bateis culminarán co Campionato de España, os días 27 e 28 de abril con sede na Pobra do Caramiñal onde estarán as embarcacións vencedoras da Final de Finais do CR de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará