Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A antiga escola republicana de Cedeira reabre as súas portas

escola cedeira

O inmoble será sede da asociación de veciños da parroquia unha vez que xa remataron as obras de rehabilitación e acondicionamento que se realizaron en varias fases. A inauguración oficial será este domingo 14 de abril, cun acto enmarcado dentro das actividades que organiza o Colectivo Republicano de Redondela en colaboración co concello co gallo da conmemoración da II República.

A reforma do vello edificio de pedra e que albergou o antigo colexio demorouse durante varios ano e respondeu á demanda do colectivo veciñal “San Bernardo” que reclamaba a restauración da antiga escola para convertela na súa sede e destinala a uso social.

A recuperación do inmoble, situado ao carón da Igrexa parroquial, fora executada nunha primeira fase polos alumnos do obradoiro de emprego de albanelería e cantería durante o ano 2015 o que permitiu recuperar un edificio que estaba en estado ruinoso. A continuación contratouse a empresa Cantería Carna S.L. que foi a encargada de rematar os traballos co cambio do tellado, a colocación das fiestras e o acondicionamento do interior, coa instalación das escaleiras interiores. Posteriormente foi necesaria unha última intervención para poder facelo habitable, xa que era necesario a súa conexión á rede de saneamento.

A apertura do edificio permitirá ademais realizar unha pequena homenaxe a ese veciños que no seu día acudiron a que fora escola durante a república, nun acto que se desenvolverá o día 14 ás 12:45 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará