Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A banda tributo a U2 actuará en Redondela dentro da programación da Festa do Choco

banda tributo

O grupo italiano U2 Zen Garden actuará por rimeira vez en Redondela o sábado 11 de maio co gallo da festa gastronómica ofrecendo un espectáculo de dúas horas de duración que forma parte dunha xira internacional coa que están a encher escenarios de medio mundo.
A espera de que se coñezan outras actividades enmarcadas dentro dunha cita de carácter eminentemente gastronómico como é a Festa do Choco, dende o Concello desvelan que un dos seus atractivos, máis aló da degustación do choco de Redondela, será a posibilidade de escoitar en directo a banda tributo a U2. Unha banda liderada por Zeno Sala que está considerada pola crítica como o mellor grupo tributo a banda de Bono. Matt(guitarras), Francc (baixo) e Rick (batería) son xunto con Zeno capaces de reproducir con absoluta fidelidade o son dos músicos orixinais e farán a delicia dos seguidores da banda orixinal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará