Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inicia en Saxamonde as reunións parroquiais sobre o PXOM

horario parroquias

Arrancan as reunións informativas que levarán aos técnicos do Plan Xeral a achegarse ás parroquias para explicar á veciñanza aquelas cuestións de interese xerla que afecta a cada un dos territorios. Así, a primeria xuntanza aberta a toda a veciñanza que desexe achegarse será hoxe martes 9 de abril na Escola Vella de Saxamonde e mañá no Centro Cultural de Quintela. En todos os casos as reunións serán ás 17:00 horas. Tamén a partir de hoxe as persoas que o desexen poden solicitar cita para seren asesorados sobre cuestións particulares chamando aos teléfono 986400300 e 986400013 ou dende a páxina web do Concello.

A primeira das reunión nas parroquias será hoxe na Escola Vella de Saxamonde e mañá mércores 10 de abril no Centro Cultural de Quintela. O luns 15 de abril a xuntanza será no Centro Cultural de San Estevo de Negros, o martes 16 de abril no de Cabeiro e o mércores 17 de abril no de Vilar. O luns 22 de abril será a reunión no Centro Cultural de Saramagoso, no Viso, o martes 23 en Ventosela e o mércores 24 en Reboreda.

No mes de maio as reunións serán o luns día 6 no Centro Cultural de Cesantes, o martes 7 no de Trasmañó, e o mércores 8 en Cedeira. No Multiúsos do Piñeiral de Chapela será o martes 21 de maio e no Multiúsos da Xunqueira de Redondela o mércores 22.En todos os casos as reunións terán lugar en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Cita Previa

Por outra banda xa está operativo o sistema de cita previa co obxectivo de facilitar a información á veciñanza en torno ao Plan urbanístico. A partir de hoxe as persoas que desexen ser atendidas na oficina de turismo para coñecer a situación na que se atopan as súas parcelas poden solicitar a súa cita chamando aos teléfono 986400300 e 986400013 ou dende a páxina web do Concello. O asesoramento será na oficina situada no antigo conservatorio en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará