Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intercambio de alumnado entre Francia e Chapela

intercambio

Dúas alumnas procedentes de Francia convivirán durante un mes co alumnado do Instituto de Chapela dentro dun programa de intercambio. Célestine e Kylian incorporáronse este mes ao instituto acompañados polos seus anfitrións Gabriela e Andrés de 1º de Bacharelato, que xa pasaron a súa estancia en Francia. Os catro estudantes, acompañados do vicedirector do centro, Francisco Javier Silvela, e a profesora de lingua francesa, Ángeles Alemparte, foron recibidos no concello pola alcaldesa e polo concelleiro de Ensino, Iván Valles.

Gabriela e Andrés, alumnos do IES Chapela, valoraron dun xeito moi positivo a súa estadía en Francia e destacaron a aprendizaxe que supón este intercambio no se que se aloxan coas propias familias.

Para Célestine e Kylian esta é a súa primeira semana en Redondela, e aínda que recoñecen que aínda teñen dificultades co idioma, están moi felices coa experiencia e a boa acollida, seguros de que van a “aprender moito”.

Desde o IES Chapela Francisco Javier Silvela agradeceu o recibimento por parte do Concello do alumnado do programa EDUMOB.

Dende o concello era a alcaldesa Digna Rivas quen salientaba o valor destes programas de intercambio que supoñen unha experiencia enriquecedora para o alumnado que accede a eles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará