Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous accidentes no Viso sáldanse cun ferido leve e un poste de electricidade derrubado

accidente1

Axentes da policía local así como efectivos de Protección Civil e Garda Civil interviron na fin de semana en dous sinistros que se producían en Estrada do Viso. O primeiro tiña lugar a 1:30 horas da madrugada do sábado e deixaba unha persoa ferida leve na N-550 que foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Na mañá do domingo un coche levábase por diante un poste de Fenosa na estrada da Nogueira no Viso.
Malia que non deixou feridos si hai que lamentar importantes danos materiais tanto no vehículo implicado como na propiedade pública e privada, sendo necesaria a intervención non só dos axentes de seguridade senón tamen do persoal do servizo eléctrico do Concello e de Fenosa. O condutor está sendo investigado por un presunto delito contra a seguridade viaria logo de deixar un resultado positivo nas probas de alcoholemia.
Non foi este o único sinistro da fin de semana, xa que na madrugada do sábado e logo de recibir unha chamada do 112, os axentes desprazáronse a un accidente que tivera lugar na N-550 no cruce coa Estrada do Pereiro. O implicado saiuse da vía colidindo contra un muro. A consecuencia do impacto resultou ferido leve o condutor do vehículo, sendo trasladado polo 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará