Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pecha a súa Festa da ostra máis multitudinaria: 35.000 persoas e 115.000 ostras esgotadas

festa ostra

O goberno local de Soutomaior valora moi positivamente os cambios feitos nesta XXXVI edición que ao seu entender favoreceron a chegada de visitantes que esgotaron as máis de 115 mil ostras que se ofreceron nas casetas de degustación durante a fin de semana. Unha celebración que arrancou ademais cunha cita moi especial, a homenaxe a última ostreira de Arcade no mercado de A Pedra en Vigo, Isabel Seoane Amoedo.
Entre as novidades máis salientables destacan que se cambiou a ubicación dos stands da carpa co obxectivo de que os comensais puideran gozar das vistas do privilexiado fondo da ría de Vigo mentres degustan as ostras e os albariños; nesta edición contouse cun comedor coidado e unha ambientación adecuada e con copas de viño serigrafiadas que permitiron aos asistentes degustar e desfrutar das ostras de Arcade en maior medida.
A pesar de que a climatoloxía non acompañou durante algúns momentos ao longo da fin de semana, a festa da Ostr, bateu récords de asistencia tanto na noite do sábado como no día grande, o domingo ao mediodía. Unha fin de semana onde se superaron máis de 35 mil asistentes e 115 mil ostras vendidas: esgotáronse as copas de albariño, as ostras ao natural, a gastro – experiencia OsTres así como o viño albariño das adegas participantes.
O alcalde, Manu Lourenzo quixo agradecer “o traballo inxente de todas as persoas que formaron parte desta edición: adegueiros, ostricultores, empresarios, funcionarios, empresas de montaxe… porque sen eles non sería posible acadar este resultado”.


Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará