Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en Pazos sobre os beneficios das comunidades enerxéticas

comunidade energéticas

O salón de actos do concello de Pazos acolle este mércores 10 de abril ás 18:00 horas unha charla informativa sobre enerxía colectiva. Esta iniciativa, promovida polo goberno local, pretende ser o punto de arranque dunha comunidade enerxética de ámbito municipal aproveitando, ademais, que nestes intres hai aberta convocatoria de subvencións para este fin.

As comunidades enerxéticas permiten aos veciños e veciñas participar activamente na produción sostible da súa propia enerxía, conseguindo ao mesmo tempo un importante aforro no recibo da luz. Nesta charla exploraranse métodos para xerar enerxía de forma colaborativa, desde a instalación de paneis solares ata a participación en proxectos comunitarios, abordaranse xeitos de cómo a nivel particular se pode contribuír ao benestar enerxético de Pazos de Borbén. Tamén se analizarán as opcións legais dispoñibles para establecer proxectos enerxéticos comunitarios.

O alcalde Luciano otero afirma que o novo goberno está comprometido en facilitar os trámites e brindar apoio a quen desexe formar parte da Comunidade Enerxética en Pazos de Borbén polo que se convida a todos os veciños e veciñas a unirse a esta charla informativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará