Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para se inscribir na Carreira Infantil de Soutomaior

carreira ostra

A cita deportiva estaba enmarcada dentro das actividades da Festa da ostra pero foi adiada debido ao mal tempo. Finalmente está previsto que se celebre o vindeiro domingo 14 de abril, podendo inscribirse os interesados que aínda non o fixeran como data límite este marte ata as 20:00 h.
Unha carreira dirixida a nenas e nenos ata os 14 anos. As pequenas e pequenos que non teñan autonomía para correr sós poderán ir acompañados. A recollida de dorsais serán os días 10,11 e 12 de abril no Pavillón (horario de 16:30 h. a 21:30 h. ) e o 14 de abril, día da carreira, no peirao en horario de 10:00 h. a 11:00 h.
Dende o Departamento de Deportes lembran que as persoas xa inscritas non teñen que facer nada, unicamente recoller o seu dorsal senon o fixeron no seu momento. Este prazo de inscrición é de AMPLIACIÓN para as nenas e nenos que non se inscribiron no seu momento ao tratarse dun domingo en periodovacacional.
As inscrición é de balde e en liña en: https://qrcd.org/4uUz

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará