Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela logo de tentar trabar un axente

poli

O varón, veciño do casco urbano e de 43 anos de idade, foi detido por un presunto delito de atentado contra os axentes da autoridade tras protagonizar un altercado nun establecemento de hostalaría en Cesantes.

Os feitos producíanse na madrugada do pasado luns, tras recibir a Policía Local de Redondela unha chamada do 112 Galicia alertando da presenza dun home nun local na rúa Pantalla que presentaba unha actitude agresiva e se atopaba baixo os efectos das bebidas alcohólicas.

Unha vez no lugar, ao redor da 1:30 horas da noite, o axentes procederon a súa identificación, negándose o varón a achegar a documentación e atacando aos policías aos que tentou dar unha cabezada e morder.

O individuo foi reducido e trasladado posteriormente ata a comisaría da Policía Nacional en Vigo para a súa posta a disposición xudicial por un presunto delito de atentado contra a autoridade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará