Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e presentación literaria con Genma Pardo en Pazos

gema

O Auditorio do Concello de Pazos dentro da programación que organiza a Biblioteca da localidade co gallo do Día Internacional do libro infantil e xuvenil acolle este venres 5 ás 13:00 horas o contacontos “Klad, o papagaio adhesivo” a cargo de Genma Pardo “Gemola”.

Están convidados a participar o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, os usuarios da Asociación ASPAVI e o alumnado da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira.

Nesta ocasión Genma Pardo “Gemola” chega cun contacontos con xogos e cancións para sensibilizar sobre enfermidades infantís, en concreto sobre o cancro infantil, a través do conto  da súa autoría “Klad, o papagaio adhesivo”, ilustrado por Eva Díaz Losada “EvaBlu”.

Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará