Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Ostra ofrece unha experiencia gastronómica como novidade na súa XXXVI edición

festa ostra

A proposta leva por nome “OsTres” e consistirá en tres pratos elaborados por Calidus Catering, unha empresa que lidera o veciño de Soutomaior, Joaquín Lema. Os responsable municipais insisten en que a ostra ao natural seguirá a ser a estrela da cita gastronómica, pero esta proposta permitirá que os comensais poidan degustar a un prezo de 10 euros tres receitas nas que o bivalvo está preparado dun xeito diferente

O alcalde de Soutoamior, Manu Lourenzo e o Concelleiro Diego Moreira falan dunha “gatro experiencia con sabor a paisaxe a mar” á hora de referirse a esta proposta que chega da man de Joaquín Lema. Os tres prato que se presentaron onte son ostra de mar e montaña sobre unha crema carbonara ibérica, ostra adobada en teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque e ovas de salmón e ostra en escabeche tradicional.

Unha experiencia gastronómica que terá un prezo de 10 euros e que poderá acompañarse polos mellores albariños do concello: o Noelia Bebelia, María Vinyals, Pedro Madruga e Quinta das Eiras  (a botella terá un custe de 12 euros).

A festa arrancará este mesmo venres cun acto homenaxe a Isabel Seoane Amoedo, a última ostreira de Arcade que traballou na Pedra, quen recibirá un galardón en recoñecemento ao seu labor durante tantos anos. Un recoñecemento que tamén se pode apreciar na imaxe do cartaz desta edición: as súas mans abrindo este produto tan vencellado coa súa vida. Nesa xornada haberá tamén música coa charanga A cabeza non para e a verbena a partir das 22:30h. coas orquestras Marbella e Origen.

Con todo, haberá que esperar ao sábado para degustar a ostra, xa que as casetas da festa non abrirán ata o día 6, a partir das 12:00 h. onde ofrecerán ostras ao natural e un adianto do OsTres que se servirá ao mediodía. O domingo as casetas abrirán ás 11:00 h. e ofrecerán a ostra ao natural e a gastro – experiencia OsTres ao longo de toda a xornada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará