Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arte e música por Palestina en Redondela

expo

Unha exposición solidaria reúne en Redondela obras de 60 artistas que se venderán co obxecto de recadar fondos que se destinarán a paliar as necesidades dos palestinos a través da axencia das Nacións Unidas, UNRWA. O Colectivo Pro-Palestino de Redondela, promotor desta iniciativa, organiza tamén un Serán Solidario o venres ás 20:00 horas con artistas como o pianista Alberto Vilas, Marlom, Antón Ke ou Zeltia Irevire, entre outros. As invitacións pódense retirar no Multiúsos onde xa se poden ver as obras doadas por artistas de toda a provincia.

Paralelamente ao serán, haberá unha exposición de obras de arte doadas por máis de 60 creadores da contorna, moitos deles de recoñecido talento nos campos da pintura, a fotografía, a cerámica ou a escritura, entre outras disciplinas como Angel Barros, Chelo Rielo, Chus Guedella, Pilar Fernández ou os fotógrafos Ricardo Grobas, Felix e Mundo Cal ou Pelu Vidal.

Juanma Alfaya, colectivo Pro palestina

O público poderá mercar estas pezas que xa están expostas no Multiusos de Redondela dende hoxe mércores día 3 ata o domingo día 7, data na que poderán recoller as obras adquiridas de todos eses artistas que están a colaborar de xeito altruísta.

Marcos Lareira, agradece as colaboracións de todos as persoas participantes

O Serán Solidario comezará ás 18:30 h coa actuación de benvida do grupo folclórico Anaquiños. Ás 20:00h arrancará o concerto-recital amenizado pola música de Martín López (MARLOM). As actuacións no auditorio comezarán coa intervención e CIRCUS de Alberto Vilas acompañado na voz  polo tamén redondelán Alfonso Blanco “Garavillo”. Continuarán as Poéticas Diversas e a danza africana de Itzzy Mousso. Haberá máis poesía, a cargo de Xoel Fernández e José Carlos “Saja”, e máis música con Martín López, Antón Ke e Zeltia Irevire, grupo encargado de pechar o acto.

Un acto solidario ao tempo que reivindicativo, para poñer o acento na situación do pobo palestino que leva sufrindo unha situación de desamparo dende o ano 1945.

Fran Álvarez, acto solidario e reivindicativo

As invitacións para o concerto-recital xa se poden retirar no multiusos e estarán dispoñibles ata completar aforo. A recadación será a través do sistema de billeteira inversa, irá destinada á UNRWA e para quen non poida asistir e queira colaborar existe a opción da fila cero.

A organización e celebración deste evento é posible grazas á colaboración desinteresada de todas as artistas que doaron o seu traballo, ao Concello de Redondela, Sinha Paca, BDS Galiza e ao Colectivo Republicano de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará