Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Naiara e Zaira, futuro do fútbol feminino

portada

Naiara Martínez (17 anos) e Zaira  Martínez (12 anos) son dúas irmás que comparten paixón polo fútbol. Deron os seus primeiros pasos en equipos base de Redondela e, no caso da menor continua, xogando ao fútbol sala no Campito Chapela e ao fútbol no Valmiñor; mentres que a maior pasou a xogar no Lóstrego de Gondomar. Ademais, compiten coa Selección Galega de Fútbol nas categorías Sub 17 e Sub 15.

Naiara comezou a interesarse polo fútbol tras ver un partido do seu ídolo Iker Casillas e agora, como porteira, o seu referente é Sandra Paños. Comezou xogando en equipos locais de Redondela como o Casa Paco e o CD Choco, pasando polo Valmiñor e rematando no Lóstrego de Gondomar co que xoga en Terceira Federación FUTFEM. Este último club destaca por ser considerado como “o maior club de fútbol feminino de Galicia”, xa que só conta exclusivamente con deportistas en categoría feminina. Un modelo que apunta ao éxito e pode verse no seu crecemento.

“É un logro estar no Lóstrego que ascende cada ano”, Naiara.

A porteira fixo historia coa Selección Galega sub 17 a Final da Fase de Ouro do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA). Unha experiencia que di “non se pode describir.” En maio xogará a semi-final do CESA 2024 contra o País Vasco. Nesta fase compiten as catro mellores seleccións de España.

“Non eramos favoritas na fase de grupo, pero demostramos a nosa valía deixando fóra a Cataluña”, Naiara.

Non é a única da familia que está a disputar os Campionatos de España coa Selección Galega. Zaira tamén é futbolista gracias a influencia da irmá á que ve “como un referente”. Nestes momentos compatibiliza o Fútbol no Valmiñor e o fútbol sala no Campito Chapela. Unha axenda complexa cando se solapan partidos dos distintos equipos nos que participa e que compaxina cos estudos. Pasou da Selección Sub 12 á Sub 15, un ascenso singular pola súa idade e coa que xoga de titular. Logrou chegar con esta última á Fase Prata do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) cunha vitoria ante Murcia. 

“É unha felicidade moi concreta gañar un gran partido”, Zaira.

Sería un “soño” para as dúas chegar á Selección Española de Fútbol e xogar en Primeira División, pero recoñecen vai ser complicado. Apuntan que “o fútbol feminino aínda ten moito camiño por percorrer para chegar ao nivel do masculino, pero que vai por bo camiño” e gracias a última vitoria no mundial por parte das mulleres da selección “cada vez hai máis rapazas interesadas”.

“O fútbol masculina é un deporte que leva moito tempo e é normal que aínda sexa predominante”, Naiara.

Aconsellan as mozas interesadas en comezar este deporte que se esquezan das críticas e fagan o que realmente lles gusta e pelexen polo que queren, porque hai “non hai que ter medo de empezar por abaixo e traballar para cumprir os obxectivos”.

“Non hai que ter medo a empezar a xogar no colexio”, Naiara e Zaira.

Naira e Zaira son representantes do futuro do fútbol feminino e de momento están dando todos os pasos correctos para avanzar no deporte de forma profesional cos seus fichaxes na Selección Galega e os logros acumulados.

Naiara e Zaira en acción.

Entrevista completa a Naiara e Zaira.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará