Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cita previa para consultar o PXOM e evitar esperas

pxom publico

O goberno local decidiu establecer un sistema de cita previa co obxectivo de facilitar a información á veciñanza en torno ao Plan urbanístico. A partir do vindeiro 9 de abril as persoas que o desexen poden solicitar a súa cita chamando aos teléfono 986400300 e 986400013 ou dende a páxina web do Concello. Tamén a vindeira semana comezarán as reunións informativas en todas as parroquias sendo a primeira cita o martes 9 en Saxamonde.

Dende o pasado 21 de marzo veciños e veciñas poden consultar o Plan Xeral de ordenación Municipal na oficina situada no antigo conservatorio en horario de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Alí reciben asesoramento e se lles facilita un modelo de alegación para presentar os seus argumentos no caso de non estar de acordo coa situación na que quedan as súas parcelas. Para evitar esperas, a concellería de Urbanismo decidiu establecer un sistema de cita previa que comezará a funcionar o martes 9 de abril, segundo explicaba o concelleiro de urbanismo Antonio Cabaleiro.

Antonio Cabaleiro, Concelleiro de Urbanismo

Para facilitar o acceso a toda a información relativa ao PXOM tamén está dispoñible na web do Concello un visor dixital onde buscar as parcelas “dun xeito cómodo e cun funcionamento moi sinxelo e intuitivo” e na vindeira semana comezarán a celebrarse as reunións informativas nas parroquias en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A primeira das reunións será o martes 9 de abril na Escola Vella de Saxamonde, e o mércores 10 de abril no Centro Cultural de Quintela. O luns 15 de abril a xuntanza será no Centro Cultural de San Estevo de Negros, o martes 16 de abril no de Cabeiro e o mércores 17 de abril no de Vilar. O luns 22 de abril será a reunión no Centro Cultural de Saramagoso, no Viso, o martes 23 en Ventosela e o mércores 24 en Reboreda.

No mes de maio as reunións serán o luns día 6 no Centro Cultural de Cesantes, o martes 7 no de Trasmañó, e o mércores 8 en Cedeira. No Multiúsos do Piñeiral de Chapela será o martes 21 de maio e no Multiúsos da Xunqueira de Redondela o mércores 22.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará