Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en Arcade “en defensa do traballo das mariscadoras”

confraría

O enfrontamento entre as mariscadoras e a directiva da confraría agrávase coa convocatoria por parte do colectivo de mulleres dunha manifestación este venres que percorrerá as rúas de Arcade. Unha protesta coa que queren denunciar o “abuso de poder” por parte da Confraría que lles nega o uso do barco para ir aos bancos marisqueiros ademais de pretender incrementar a taxa que paga cada unha das traballadoras anualmente, que pasaría dos 50 actuais a 650 euros.

A mobilización partirá ás dez da mañá deste venres día 5 de abril dende o cruce de Pierres con percorrido das rúa Xosé Solla e rosalía de Castro, A continuación as manifestantes cruzarán a N-550 para rematar a protesta no peirao.

A marcha chega logo de que esta mesma semana mantiveran diferentes xuntanzas coa Xunta para tentar que mediaran no conflito sen lograr unha solución. Entenden que é preciso poñer en marcha un calendario de mobilizacións para dar a coñecer a súa situación e tentar presionar ao patrón maior, ao que culpabilizan da situación que actualmente se vive no pósito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará