Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas á Coruña dentro do programa «Maiores en Ruta»

aquarium

Redondela retoma as excursións do programa “Maiores en Ruta” con visitas guiadas á cidade da Coruña para as persoas maiores de 55 anos do Concello. A excursión inclúe a visita ao Aquarium Finisterrae e aos museos Domus e Casa das Ciencias. O prazo de inscricións estará aberto do 9 ao 12 de abril na casa do Concello en horario de 9.30 a 14.00 horas

O programa “Maiores en Ruta”, dependente da concellería de Maiores que dirixe Pilar Martínez, ten como obxectivo ofrecer ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de gozar de excursións dun día de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial.

Despois do éxito das saídas realizadas en edicións anteriores a destinos como Ribadavia e Allariz, Caldas de Reis ou a localidade portuguesa de Vizela, nesta primavera retómanse as viaxes, neste caso con varias datas a finais de abril e principios de maio a Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará