Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As embarcacións sénior do CR de Chapela invictas na Liga Galega de Bateis

434455052_937721088359176_281818518079143555_n

Foto de MAChremo

As embarcacións absolutas, tanto feminina como masculina, do CR de Chapela gañaron todas as regatas disputadas ata o de agora na Liga Galega de Bateis que está a piques de rematar. O domingo día 7 de abril celebrarase a regata final de liga entre os dous primeiros clasificados de cada categoría das zonas norte e sur.

Esta Semana Santa, marcada polo temporal, celebráronse 4 regatas da zona sur. Foron as Bandeiras de Domaio, Vigo, Redondela e Porvir. As dúas últimas celebradas en augas de Arealonga e organizadas polo Club de Remo de Chapela que lamentablemente non levou ningunha das súas bandeiras á casa, pero si volveron a demostrar a valía dos equipos sénior que gañaron ambas regatas.

O club de Remo Chapela organizou o sábado 30 a XXVII Bandeira Concello de Redondela e o domingo 31 de marzo a XV Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Iglesias “Odilo” e Memorial Ángel González “Lucho”. Ambas as xornadas, debido ao sistema de puntos que valora a suma de todas as categorías, recolleron as bandeiras Mecos e Samertolameu en categoría masculina e feminina. Aínda que o club tiña “reservado un campo alternativo en Verducido”, o tempo finalmente deixou transcorrer a competición como estaba plantexada dende o comezo.

Cabe destacar que, ademais de seguir invicto coas embarcacións absolutas, o CR de Chapela suma nesta tempada 3 bandeiras na categoría masculina . Son a de Tirán, Bueu e a de Domaio.

A seguinte xornada de bateis continúa o sábado 6 de abril coa Final da Zona Sur ou III Bandeira Comunidade de Montes de Meira e o domingo 7 terá lugar a Final de Finais que enfrontará aos dous primeiros clasificados de cada categoría das zonas norte e sur. A Liga Galega de Bateis culminarán co Campionato de España, os días 27 e 28 de abril con sede na Pobra do Caramiñal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará