Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O temporal obriga a pechar o paseo do Maceiras

maceiras

Voluntarios de Protección Civil de Redondela procederon na mañá de hoxe a pechar temporalmente tanto o acceso ao paseo do Maceiras como ao do Piñeiral en Chapela. A Concellería de Medio Ambiente adoptou esta decisión como medida de precaución ante as intensas chuvias dos últimos días e as crecidas que se poidan producir no río e un eventual desbordamento. Tamén para evitar incidencias ante os fortes refachos de vento que poderían provocar a caída dalgunha póla.

De feito, durante a xornada de onte efectivos de Protección Civil tiveron que actuar en diferentes puntos do concello por mor da caída dunha árbore na Praia de Rande e outra no camino Fixón en Santo Estevo. Tamén foi precisa a súa intervención para retirar as chapas que cubren o vestiario de Chapela CF e que saíran voando debido ao vento.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará