Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arcade confía en recibir 30.000 persoas durante as celebracións da festa da Ostra

339040679_634648228707851_5121767339229099926_n (1)

O concello de Soutomaior apura os preparativos para unha das citas gastronómicas máis salientables da contorna. A celebración da XXXVI edición da Festa das ostra que se vivirá en Arcade os días 5, 6 e 7 de abril cun programa que inclúe unha homenaxe á última ostreira da localidade, Isabel Seoane e un pregón a cargo do escritor e profesor Manuel Lourenzo González. Durante os tres días de festas haberá un plan especial de tráfico deseñado pola Policía Local co obxectivo de garantir a seguridade vial das 30.000 persoas que se estima que acudirán nos días que dura a celebración.

Os días 5, 6 e 7 de abril Arcade acollerá a XXXVI edición da Festa da Ostra, un evento que busca ensalzar o produto máis típico deste concello. Un evento que tiña previsto arrincar este 31 de marzo coa celebración da Carreira Infantil da Ostra, cita que finalmente foi adiada ante o prognóstico de mal tempo.

O groso da programación vivirase na primeira fin de semana de abril. Concretamente o venres 5 de abril entregaráselle a Isabel Seoane Amoedo, a última ostreira de Arcade que traballou na Pedra, un galardón para recoñecer o seu labor durante tantos anos. Recoñecemento que tamén se pode apreciar na imaxe do cartaz desta edición: as súas mans abrindo este produto tan vencellado coa súa vida. Nesa xornada haberá tamén música coa charanga A cabeza non para e a verbena a partir das 22:30h. coas orquestras Marbella e Origen.

As casetas de degustación abrirán ás doce do mediodía do sábado 6, nunha xornada na que actuarán as orquestras América de Vigo e La Fórmula, con tirada de fogos de artificio. O domingo 7 os pasarrúas comezará a soar as dez da mañá coa Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural dende o Calvario ata o Peirao. Ás 11:00 h. terá lugar a apertura de casetas de degustación, unha hora máis tarde, ás 13:00 h. terá lugar a lectura do pregón a cargo do escritor e profesor Manuel Lourenzo González.

O alcalde Manu Lourenzo salientou o “agarimo e coidados co que se prepara esta celebración que busca ser “unha festa de unión que enxalzará  o produto máis típico da parroquia de Arcade, unha festa de interese turístico á que convido a vir a todo o mundo a descubrir e degustar a Ostra e a coñecer todos os atractivos do noso concello”.

Plan de tráfico

O goberno local de Soutomaior aprobou esta semana o plan de tráfico e seguridade para a festa co obxectivo de garantir a seguridade viaria das 30.000 persoas que se estima que acudirán nos días que dura a festa. Ao mesmo tempo, o plan tamén permitirá minimizar as molestias polos cortes de tráfico aos residentes da zona do Peirao.

Durante o tres días establecerase un itinerario a pé que desde o aparcadoiro da estación de tren de Arcade até a área recreativa do Peirao, onde se situará a carpa de degustación. Nesta zona só poderán acceder con vehículo os residentes, os vehículos de carga e descarga autorizados, as autoridades e as persoas con mobilidade reducida. Para este último grupo habilitarase ademais unha zona de estacionamento na rotonda da Ostreira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará