Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prazas libres para a saída de Iniciación á Fotografía na natureza

S

Orientada a mozos e mozas maiores de 12 anos esta actividade desenvolverase o vindeiro sábado día 30. Enmarcada dentro das actividades de carácter medioambiental que organiza o concello co gallo da Semana Santa, o obxectivo é que os participantes aprendan nocións básicas de fotografía ao tempo que se achegan á natureza de xeito respectuoso coa flora e a fauna da contorna. É preciso facer a inscrición previa no teléfono 986 400300 ou no enderezo electrónico concello@redondela.gal

A actividade, completamente de balde, será en horario de 10:30 a 13:30 horas. Comezará no Multiúsos da Xunqueira, onde se ofrecerá unha charla teórica, e logo os asistentes fará un percorrido pola contorna do río ata a súa desembocadura na enseada de San Simón para coñecer toda a súa biodiversidade.

Os monitores que realizan a actividade ofrecerán aos participantes todas as indicacións para saír á natureza e gozar do entorno ao tempo que aproveitan os seus móbiles ou cámaras fotográficas para tomar imaxes da flora e a fauna. Sinalan ademais que, esta época do ano a comezos da primavera é un excelente momento para achegarse aos ríos, onde aínda están presentes as aves migratorias e a vexetación agroma.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará