Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga acolle dúas regatas de bateis na fin de semana

17760837_1163404477121495_6404809405318171324_o

As augas de Arealonga vivirán unha intensa fin de semana con dúas regatas de bateis. O club de Remo Chapela organiza o sábado 30 de marzo a XXVII Bandeira Concello de Redondela, na que participarán remeiros e remeiras de toda Galicia e en todas as categorías. O domingo 31 de marzo dispútase a XV Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Iglesias “Odilo” e Memorial Ángel González “Lucho”.

Este ano na zona sur de Galicia a tempada de competición de bateis viuse obrigada a cancelar 4 regatas polo mal tempo: A Garda, Cesantes, A Guía e o Grove.  Seguiron as competicións en Tirán, Bueu e Cangas gracias a xestión das distintas organizacións e a procura de alternativas. Un exemplo é o caso das regatas organizadas pola SD Tirán que tiveron lugar no encoro de Verducido, onde se celebran as competicións de piragüismo. En Semana Santa hai regatas os xoves, venres, sábado é domingo.  Dende o CR de Chapela confía en que as condicións do mar sexan propicias para celebrar as dúas citas que teñen programadas.

A Bandeira Bateis Concello de Redondela  comezará o sábado ás 16.00 horas no Paseo de Cardona e o domingo a regata en honra a “Odilo” e “Lucho” comezará ás 11:00h partindo da mesma localización. Estas dúas regatas da zona sur da Liga Galega de Bateis son moi importantes no calendario provincial, xa que son as últimas antes do Campionato Territorial, que se celebrará en A Pobra en abril. Esta proba decidirá as embarcacións que participarán no Campionato Galego e despois, virá o Campionato de España. O C.R. Chapela espera poder clasificar algúns barcos para a competición estatal como vén sendo habitual nos últimos anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará