Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban ata en tres ocasións as baterías dos semáforos que regulan as obras en Cabeiro

Roubo baterías

Os feitos xa foron denunciados na Policía polo Concelleiro de infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar. O concello gastou 2.100 euros na reposición destas baterías que alimentan os semáforos de obra instalados no camiño da Milixiosa, en Cabeiro.

Villar explica que non se trata dun suceso illado xa que é a terceira vez que levan este material nos catro meses que levan instalados os semáforos neste camiño. Malia que neste período se reforzou a seguridade instalando unhas gaiolas de ferro para protexer as baterías, os ladróns forzáronas e levaron os equipos. Ante o elevado custe que supón a súa substitución, o departamento decidiu non repoñelos, e manter unicamente a sinalización que indica o estreitamento da vía, mantendo así a seguridade na estrada. O concelleiro lamenta que esta situación prexudique aos veciños e condutores que transitan por esta vía, pero asegura que este gasto continuo para a reposición das baterías “é inviable”.

A sinalización con semáforos de obra para regular o tráfico no camiño da Milixiosa instalouse tras o derrube de parte do talude da estrada, nos temporais do outono.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará