Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco acolle 500 futbolistas base no Torneo Solidario de Semana Santa

81467806_3171749269507953_1497970930830278656_n

O CD Choco organiza, o Xoves Santo e o Venres Santo, un torneo solidario no que case 500 rapaces das categorías Benxamín e Alevín gozarán do deporte e vivirán dúas xornadas de convivencia no Campo de Santa Mariña. Ademais da competición o club ten o obxectivo de recoller alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Redondela nunha colaboración que xa é habitual entre as dúas entidades.

O torneo solidario de fútbol conseguiu recoller máis de 2.500 quilos de alimentos non perecedoiros durante a edición anterior. Rosana González, tesoureira do CD Choco, sinala a importancia de “axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade do noso pobo”. As doazóns entregaranse ao persoal do equipo do club na entrada ao Campo.

O evento coincide coa celebración de Semana Santa para cubrir o oco xerado polas competicións oficiais nesta época e proporcionar aos máis cativos alternativas ao seu tempo de lecer e vocacional. O xoves 28 marzo será a quenda dos Benxamíns e o venres 29 a dos Alevíns.  O CD Choco, equipo anfitrión, dará a benvida aos equipos da contorna como o CD Arcade, CD Soutomaior e do resto de Galicia como o EFB Moañés, Xuventude Cambados, Colexio Hogar, Vila de Corpus, ED Val Miñor, Alondras, Cangas CF, Cd Lérez, ACD A Seca, CD Coya, Gondomar CF ou o CD Allariz. Coa motivación de unir fronteiras e “ofrecer unha convivencia san con equipos internacionais” participarán os Gverreiros do Futuro de Portugal.

Levarán trofeo os tres primeiros postos, ademais dos de consolación e haberá agasallos para todos os participantes gracias “a axuda dos patrocinadores, as empresas e o comercio local”. Unha xornada festiva na que o importante será desfrutar dun día diferente e onde estará a disposición de todos aqueles que así o desexen o servicio da cantina.

O Choco lembra que por alimentos non perecedoiros corresponden, por exemplo, o atún enlatado, garavanzos, sopas e pastas enlatadas, verduras, olivas envasadas ou salsas en lata. Tamén os legumes, arroces e pastas crúas que veñen envasadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará