Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas guiadas a San Simón na Semana Santa

sa nsimón

A guía profesional Soledad Chayán é a encargada de organizar esta actividade que se vai desenvolver de xoves 28 a domingo 31 en horario de mañá. Con saída ás 11:30 horas dende o Peirao de Cesantes, a actividade ten un prezo de 25 euros adulto e 15 euros nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos. Os menores desa idade accederán de balde. Información e reservas no teléfono 667 401 909.

A visita arrancará ás 11:30 horas co embarque no peirao de Cesantes. Camiño á illa, declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, Soledad Chayán irá explicando brevemente o pasado mariñeiro de Redondela e indicando enclaves que gardan relación con eventos ocorridos ao longo da historia de San Simón.

Unha vez na illa arrancará a visita polo espazo coñecido como locutorio. A continuación realizarase un completo repaso pola historia da illa, desde a súa orixe mítica ligada á lenda da Coca de Redondela ata o seu uso como escola-fogar, pasando pola súa etapa de mosteiro onde distintas ordes relixiosas foron ocupando este lugar ao longo dos séculos, ou o seu uso como hospital de corentena no século XIX. Parada especial tamén para lembrar o seu pasado máis negro como cárcere durante a guerra civil e parte da posguerra.

Poderase gozar do traballo de restauración e rehabilitación levado a cabo polo arquitecto pontevedrés César Portela nun paseo dunhas dúas horas onde se analizarán os distintos usos que se lle deron aos edificios que aínda se conservan en pé e para qué se utilizan a día de hoxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará