Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Laura Albán e Lidia Couñago participan no Mundial de Patinaxe Artística

420176328_927390509063309_8145098336428822960_n

As redondelás, Laura Albán e Lidia Couñago, forman parte do Grupo Show Grande do Ribex de Tui que fixo historia na entidade ao alzarse co bronce no Campionato de España de Patinaxe artística. Agora, o club clasifícase para o Mundial ‘World Skate Games’ que se celebrará en Italia durante a primeira quincena de setembro.

As patinadoras e patinadores tudenses recolleron a primeira medalla de categoría estatal na traxectoria do club gracias á coreografía ‘Carpe Diem’ na súa modalidade, dentro do Campionato de España que concluíu en Santander. O conxunto que dirixen Santi Alonso e Carolina Figuero asinou unha puntuación de 32.69. Por diante, o Xirona (37.44) e o Olot (40.86). O Ribex converteuse no único conxunto non catalán en subirse a algún dos tres podios. As outras oito medallas foron para Catalunya, o que evidencia o seu dominio da disciplina en España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará