Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama información sobre a contratación da nova páxina web do Concello

paxina web

Aseguran que tras solicitar información por rexistro o pasado 25 de xaneiro así como por outras vías, a día de hoxe seguen sen obter resposta sobre a situación na que se atopa este contrato. Advirten de que o goberno local podería perder a subvención procedente dos Fondos Europeos e que se ía investir na elaboración dunha nova páxina web e unha app que ascende a máis de 160.000 euros.

O Partido Popular móstrase preocupado pola falta de información en torno á contratación para a elaboración e subministración da web  cuxo contrato ascende a 161.414 euros e que foi formalizado con data 26 de decembro de 2023 e pagado ao día seguinte, o 27 de decembro do 2023. “É imposible que nun solo día se subministren todos os módulos que inclúe o contrato da web” argumentan os populares. De feito engaden que “na acta de comprobación firmada pola interventora e a técnica de novas tecnoloxías recoñécese que só estaba parte do subministro e non o total que se firmou no contrato e a xustificación dos Fondos europeos esixe que estea subministrado na súa totalidade e pagado antes do 31 de decembro do 2023”.

O Partido Popular ante a falta de transparencia e de información, despois de máis de mes e medio esperando advirte que chegará ata o final na depuración de responsabilidades políticas ante as incoherencias neste procedemento e esixe que se lles informe se o pago se fixo cando estaba todo o subministro executado e se a xustificación cumpría cos requisitos europeos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará