Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras reclaman a eliminación da escollera de Cesantes

Encontro Mariscadoras

A agrupación de mariscadoras de Redondela trasladoulle esta petición ao subdelelgado do goberno, Abel Losada e á alcaldesa Digna rivas, nun encontro celebrado na confraría. Afirman que a escollera de pedra construída en 1926 impide a rexeneración natural no fondo da ría e afecta polo tanto negativamente aos bancos marisqueiros.

As mariscadoras aproveitaron o encontro co subdelegado para manifestarlle a necesidade de actuacións de mellora no fondo da ría, así como as súas reivindicacións en relación ao peirao de Cesantes, que xa presentaron ante o organismo autonómico de Portos de Galicia.

A prioridade da agrupación que preside Ana Belén Sotelino é eliminar a escollera da enseada, construída en 1926 para facilitar a navegación dos barcos polo río cara Redondela. Esta infraestrutura, que non ten utilidade “supón unha barreira para as correntes mariñas, o que prexudica ao ecosistema da enseada e fai improdutivos os areais”, explica Sotelino.

Losada comprometeuse a estudar e trasladar estas peticións ao Ministerio e á Administración autonómica, mentres a alcaldesa manifestou a súa disposición “para reunirse coas confrarías e Concellos de Soutomaior e Vilaboa, afectados tamén por esta situación, para facer unha fronte común en beneficio do marisqueo na enseada.

Outro dos temas que se abordaron na reunión fai referencia á necesidade de permitir que as traballadoras do mar poidan realizar tarefas de rareo e sementeira de bivalvos mentres perciben axudas por cese de actividades. Unha medida que esta xa en marcha o que evitará futuros ceses de actividade por falta de produto nos bancos. Losada explicou que esta reivindicación foi traslada á directora do ISM, Elena Martínez, así como á propia Federación de Confrarías, polo Instituto Social da Mariña (IMS) de Vigo e Vilagarcía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará