Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior cumpre máis de 500 días sen pediatra no centro de saúde de Arcade

soutomairo centro de saúde

A situación remóntase a novembro de 2022 cando a facultativa que ocupaba o posto de pediatría nese momento tivo que pedir unha baixa e a Xunta decidiu non cubrila, deixando case 1.000 nenos e nenas sen atención pediátrica. Neste ano e medio, a Xunta obviou as numerosas queixas da veciñanza do noso concello e as peticións do BNG para buscar unha solución a esta situación. Os nacionalistas critican que o Goberno galego optara por poñer parches a este problema, na vez de buscar unha solución real.

A falta de pediatras durante todo este ano fixo que os períodos de agarda fosen de varias semanas, o que obrigou a moitos pais e nais a levar aos seus fillos a Pontevedra para que puidesen ser atendidos. Ademais dos evidentes problemas de conciliación que isto supón para moitas familias, a escaseza xeneralizada de facultativos e facultativas no conxunto da comarca provocan o colapso dos centros de urxencias, ao ter que atender casos que deberían pasar previamente pola Atención Primaria.

A concelleira de Sanidade, Rosana Martínez, sinalou que “é fundamental que o noso concello conte cun servizo de pediatría co persoal e recursos necesarios, que eviten que as familias teñan que desprazarse a urxencias a Pontevedra ou agardar varias semanas para ter unha cita”.

Pola súa parte, o responsable local do BNG, José Costas, sinalou que “a Xunta non pode seguir poñendo parches a esta situación mentres quen máis o necesita, os nenos e nenas de Soutomaior seguen sen ser atendidos por un pediatra. Nas vindeiras semanas desenvolveremos varias iniciativas nas rúas, no Concello e no Parlamento para esixir solucións á Xunta, que leva demasiado tempo obviando á veciñanza de Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará