Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atlético Villar denuncia o roubo de material por valor de 2000 euros

villa roubo

Foto do coche afectado no suceso

Entre as 03.00h e as 04.30h da madrugada do pasado venres entraron a roubar no bar Currunchiño na rúa Tomás Alonso 231, Vigo. Aparcado diante do establecemento atopábase o coche dun directivo do CD Atlético Villar, con tan mala sorte que os ladróns aproveitaron a ocasión para entrar no vehículo e roubar material deportivo por valor de máis de 2000 euros.

Ademais do roubo no bar romperon as portas do coche accedendo ao maleteiro do mesmo e levando varios obxectos persoais e unha maleta con todo a equipaxe oficial do club. Inmediatamente puxeron unha denuncia polo feitos ocorridos e peiteouse a zona por se os asaltantes tiraran a equipaxe polos arredores. Tamén fixeron varias publicacións nas redes sociais pedindo colaboración “por se aparece a equipaxe tirada nalgún contedor ou escampado”. Explican dende a directiva que a equipación “era nova , unicamente tiña dous partidos de uso” e incluía camisetas, pantalóns, sudaderas e camisetas de quentar.

O club estivo a traballar duramente para poder conseguir estes novos equipamentos e renovar os anteriores que “tiñan xa mais de 6 anos de uso e bastante desgaste acumulado”. Agora están  pensando en “como poder conseguir financiación para volver comprar o material”, xa que dispoñen dos fondos xustos para finalizar a tempada e isto “supón un gran revés para o club”. Poñen a disposición o Tlfno. de contacto: 698 18 43 33 – 666 25 55 78 para calquera persoa que poida aportar algún dato que aclare o acontecido ou desexe axudar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará