Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un concurso de banda deseñada para promover o comercio local

banda deseñada foto

A Asociación de Empresarios de Redondela ten en marcha ata o vindeiro 15 de maior un concurso de banda deseñada que veñen de presentar co gallo da campaña polo día do Pai. Unha actividade orientada a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade que busca unha maior vinculación e familiaridade da poboación moza co comercio local.

Esta campaña de promoción arranca coa celebración do Día do Pai e estenderase ata mediados do mes de maio co día da Nai e da Familia, pasando pola campaña de Pascua.

Nestes días a asociación da a coñecer ofertas especiais dos seus comercios asociados así como ideas e suxestións para acertar cos agasallos propios destas datas que se poden consultar no marketplace da propia asociación.

A maiores, xirando todas en torno ao concepto de familia convocan un concurso de Banda Deseñada nos que os protagonistas da historia deben ser heroes ou heroínas inspirados en membros das familias. Así pais, nais, avós, avoas, madriñas, padriños, irmás, irmáns ou incluso mascotas serán protagonistas das historias contadas polos mais pequenos.

Para participar no concurso haberá que ter entre 3 e 12 anos. Nos establecementos asociados colaboradores poderanse recoller as plantillas nas que realizar os proxectos de banda deseña e tamén serán punto de entrega dos traballos que se presenten a concurso. Os coles tamén se poderán sumar a esta iniciativa distribuíndo o material entre o alumnado ou implicándose nel como proxecto educativo.

Outro aspecto que desde a Asociación queremos destacar é que, a través deste concurso procuran o fomento do uso da lingua galega e da creatividade da poboación máis nova.

 O concurso conta cun espazo web específico no que se poden consultar as bases do concurso e descargar todo o material da campaña. https://www.empresasredondela.gal/noticias/concurso-de-banda-desenada

A cartelería do día do Pai que xa foi distribuída no comercio local segue a temática da campaña cun deseño inspirado na portada dun cómic así como todas as publicacións dos produtos nos que se destacan os superpoderes dos superagasallos que o comercio local suxire á clientela como ideas para regalar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará