Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Campito suman senllas vitorias antes do descanso de Semana Santa

redondelafs

Pazos 0-2 Cidade de Narón

Na terceira división do fútbol sala temos que falar dunha nova derrota do Pazos, que queda relegado a novena praza da categoría tras caer por 0-2 ante o Cidade de Narón. A competición regresa despois de Semana Santa, cando os de Pazos se desprazarán ao campo do Noia, líderes da categoría.

Mellor foron as cousas na Preferente con dúas vitorias para os equipos locais.

Redondela FS 10-2 Morrazo

O Redondela Rodavigo logrou unha contundente vitoria ante o Morrazo. Situados na sexta praza do grupo logo do descanso de Semana Santa xogarán no campo das Neves, cuartos do grupo.

Chapela 7-6 poio Pescamar

Vitoria tamén para o Chapela, neste caso pola mínima, ante o Poio. Unha vitoria que non lles permite abandonar a última praza do grupo. A próxima cita será contra un equipo moi necesitado de puntos, o Vincios Gondomar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará