Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Soutomaior moi preto do ascenso

433876870_18096945313399693_3061833684974290754_n

Nas distintas ligas nas que participan os equipos dos clubs locais de Redondela e contorna non houbo sorte esta fin de semana. Non se rexistrou ningunha vitoria, pero si un empate interesante.

O CD choco perdía ante o líder da Preferente, nun partido emocionante no que os choqueiros souberon poñerllo difícil a un equipo con moita diferenza de puntos e afianzado nos postos de ascenso. Sen embargo, destacou o Soutomaior que tamén se enfrontou ao líder, rival directo, conseguindo empatar e arrincar os puntos necesarios que os sitúa na segunda posición da táboa xeral.

PREFERENTE

Villalonga FC – CD Choco (2-0)

O CD choco visitou o campo do líder nun partido complicado, pero no que estiveron á altura ameazando dende o comezo cun disparo de Adri á cruceta. Os anfitrións fixéronse co balón e comezaron a dominar o partido grazas ao primeiro gol no minuto 33. Despois do descanso chegaría o segundo gol, o definitivo, no minuto 49.  Os de Redondela sitúanse de quintos na táboa xeral, despois de dúas derrotas consecutivas. Na próxima xornada reciben ao Ribadumia, décimo primeiros na clasificación xeral, polo que é unha boa oportunidade de arrincar puntos e seguir no camiño cara os postos de ascenso.

PRIMEIRA GALICIA

UD Santa Mariña – CD Arcade ( 2 -0 )

O  Arcade, perdía ante o Santa Mariña cun resultado de 2 fronte a 0. Situados en novena posición manteñen a permanencia e tentarán seguir sumando puntos nos resto das xornadaa para achegarse aos primeiros postos, onde o nivel está moi axustado en puntos .  O próximo domingo reciben a un rival moi próximo, o Tyde CF, situado en décimo primeira posición e a só dous puntos dos de Arcade.

SEGUNDA GALICIA

CD Cesantes – CD Xil (2-3)

A pesar dos intentos de vencer a un rival tamén moi necesitados de puntos o Cesantes no conseguiu arrincar puntos. Perderon contra o Xil cun resultado de 2 fronte a 3. Desta forma, os de Cesantes continúan de pechacancelas do grupo con claras posibilidades de descenso. O domingo 24 de marzo visitan ao Figueirido CF.

Marco Atletico – CD Soutomaior (1-1) .

O Soutomaior lograba empatar na súa visita ao Marcon Atletico, líder do grupo, cun resultado de 1 a 1 que os sitúa nestes momentos na segunda posición da táboa xeral moi preto do ascenso. Un partido emocionante entre os dous equipos máis fortes da tempada. A próxima xornada reciben ao Xuv. Sanxenxo, cuartos do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará