Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela continúa dominando a Liga de Bateis na categoría Sénior

431960184_926783506119601_78444616492525593_n

Foto de Remeirando

Esta fin de semana celebráronse a XIV Bandeira de Bateis Concello de Bueu e a XXIII Bandeira de Bateis Concello de Cangas. O CR de Chapela alzouse coa Bandeira de Bueu no masculino, sen embargo Mecos foi o que conseguiu levar a casa a Bandeira de Bueu en Feminino e a de Cangas nas dúas categorías absolutas.

En Bueu, os equipos de Chapela e Mecos alzáronse o sábado co triunfo na XIV Bandeira de Bateis Concello de Bueu, que era a terceira proba do calendario Territorial Sur. En total participaron un centenar de tripulacións repartidas en varias categorías de idade – alevíns, infantís, cadetes, xuvenís, sub 23 e absoluta- e na competición masculina o triunfo foi para Chapela, mentres que na feminina a bandeira levouma Mecos.

En Cangas, celebrouse o domingo a cuarta proba do calendario Territorial Sur, na que volveron participar un centenar de embarcacións e máis de 500 deportistas.  En augas canguesas citáranse Samertolaméu, Tirán, Bueu, Chapela, Virxe dá Guía, Cesantes, Robaleira, Amegrove, Mecos, Vilaxoán e o equipo anfitrión, o Vila de Cangas. O CR de Chapela logrou a vitoria cos seus dous bateis absolutos, sen embargo non puido alzarse coa Bandeira por non sumar os suficientes puntos en tódalas categorías. A embarcación feminina dominou de forma clara ao avantaxar en 16 segundos á tripulación do Grove. A embarcación masculina, pola súa banda, acadou a primeira praza cun resultou mais axustado batendo ao Vilaxoán por 5.54 segundos.

A tempada continúa esta fin de semana coa Bandeira Amegrove, en Porto Meloxo, e a regata de Vilaxoán.

XIV BANDEIRA CONCELLO DE BUEU

Resultados Absoluta Feminina:

  1. CR Chapela
  2. CR Mecos
  3. CR Chapela “B”
  4. SD Tirán
  5. CR Robaleira

Resultados Absoluta Masculina:

  1. CR Chapela
  2. CR Vilaxoán
  3. CR Mecos
  4. CM Bueu
  5. CM Bueu “B”
  6. CR Mecos “B”
  7. CR Mecos “C”

XXIII BANDEIRA CONCELLO DE CANGAS

Resultados Absoluta Feminina:

  1. CR Chapela
  2. CR Mecos
  3. CR Chapela “B”

Resultados Absoluta Masculina

  1. CR Chapela
  2. CR Vilaxoán
  3. CR Mecos A
  4. CM Bueu
  5. CR Mecos B
  6. CR Mecos C
  7. SD Samertolameu
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará