Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG convértese na forza máis votada en Redondela e Soutomaior

resultados comarca

Os nacionalistas logran ser primeira forza en Redondela ao recibir 6.512 votos fronte aos 5.986 que sumou o PP. Moi afastados desas cifras atopamos aos socialistas que se teñen que conformar con 2.744 papeletas. Resultado semellante en Soutomaior, localidade na que o BNG recibe 1.916 votos mentres o PP suma 1.736 e o PSOE queda tan só con 339 votos. Si lograron os populares ser a forza máis votada tanto en Pazos de Borbén como en Fornelos de Montes.

O PP lograba este domingo unha contundente vitoria en toda Galicia, revalidando Rueda unha nova maioría absoluta para o seu partido cun total de 40 escanos. O BNg logrou un éxito histórico con 25 representantes malia non acadar o obxectivo de que a súa candidata Ana Pontón se convertera na primeira presidenta da Xunta. Mentres, os socialistas afundíronse en practicamente todos os concellos galegos na que supón unha importante crise para o PSdeG e particularmente para o seu candidato Gómez Besteiro. A outra sorpresa: a entrada no parlamento galego do partido de Jácome, Democracia Ourensá, malia que o seu representante non logra ter un papel decisivo ao lograr Rueda unha maioría folgada e non precisar de apoios.

Pola contra, no ámbito local o BNG álzase como forza máis votada en Redondela e Soutomaior. Todo un logro para os nacionalistas en Redondela que fronte aos 4.088 votos que recibían hai catro anos, este domingo sumaban 6.512 papeletas. Un incremento que habería que buscalo nun maior número de cidadáns que exerceron o seu dereito a voto (a abstención en Redondela situouse en torno ao 32% cando hai catro anos superara o 40%) e nun transvase de votos do PSOE ao BNG. De feito, os socialistas tiveron que contentarse con 2.744 papeletas fronte as 4.002 acadadas no 2020. O PP suma votantes pero pasa a ser segunda forza con 5.986 votos.

A vitoria do BNG en Soutomaior era máis previsible, xa que á a formación que goberna no municipio e xa fora a forza máis votada hai catro anos. Logra o partido de Ana Pontón 1.916 votos fronte aos 1.736 do PP e os 339 que suma o PSOE.

O PP sí se mantén como forza máis votada tanto en Pazos de Borbén, con 789 votos como en Fornelos de Montes con 349. En Pazos o BNG suma 624 votos e o PSOE 167 mentres que en Fornelos, feudo socialista da bisbarra, o PSOE queda como segunda forza con 312 votos e o BNG sitúanse no terceiro lugar con 181.

Cómputo comarcal

En toda a bisbarra – Redondela, Soutomaior, Pazos e Fornelos- o BNG suma 9.233 votos, o PP 8.860; menos da metade son os apoios que recibe o PSOE que queda con 3.562. Houbo tamén 558 votantes que elixiron a papeleta de Sumar e 536 que votaron ao partido de Santiago Abascal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará