Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco continúa sumando puntos na loita polo podio

WhatsApp Image 2024-01-19 at 13.57.51

A fin de semana desenvolveuse con bo tempo e bos resultados para os equipos sénior de Redondela e a contorna. O CD Choco e O CD Arcade venceron aos seus rivais na casa e, pola súa banda, o CD Soutomaior desprazábase a Poio onde tamén sumou unha vitoria. Non tivo a mesma sorte o CD Cesantes que suma 15 derrotas consecutivas e mantense de pechacancelas da súa categoría.

PREFERENTE

CD Choco- CD Allariz (3-1)

Os de Tizón continúan sumando puntos na loita polos postos altos.  Recibiron ao Allariz no Campo de Santa Mariña nun partido onde o Choco demostrou a súa superioridade e conseguiu marcar o primeiro gol no minuto 40 gracias a Cristian Bernardez. O 2 -1 chegou no minuto 51 e conseguiron aguantar ben a defensa ata asegurar a vitoria no minuto 70 cun gol de Samuel Vilariño. Nestes momentos sitúanse de cuartos na liga e a un punto do Céltiga. Na próxima xornada o CD Choco desprázase para xogar contra o CD Barco.

PRIMEIRA GALICIA

CD Arcade – CCD Chain (1-0)

En Primeira Galicia, o CD Arcade venceu ao CD Chain gracias ao gol de Agustín Amoedo no minuto 29. Con este resultado suman dous puntos e dous chanzos na táboa xeral para situarse de oitavos na liga. O próximo domingo xogan fóra da casa contra o SDC San Adrian.

SEGUNDA GALICIA

Atletico Combarro – CD Soutomaior (0-1)

O CD Soutomaior desprazouse ao Campo de Fútbol “A seca” en Poio para xogar contra o Atlético Combarro, decimo terceiros da categoría . O resultado foi de 0 fronte a 1, a favor dos de Soutomaior que demostraron a súa vantaxe ao conseguir marcar Jose De La Torre o primeiro gol no minuto 25. Aguantaron a defensa ata o final e gañaron o partido, o que os sitúa de cuartos na táboa xeral e a só 2 puntos do Marín. O domingo 25 de febreiro o CD Soutomaior recibe ao CAmpaño SD.

CD Cesantes – Domaio FC (1-4)

O CD Cesantes acumula, nas 22 xornadas que van de tempada, 15 partidos perdidos. O pechacancelas do grupo  recibiu ao Domaio FC, cun resultado de 1 fronte a 4 en contra dos redondeláns. A xornada do domingo 25 de xaneiro os de Cesantes desprázanse para cogar contra o segundo da liga, o Marcon Atletico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará