Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica a conta da poda das árbores da Avenida Mendiño

poda mendiño

A Agrupación de Electores cualifica a actuación de “arboricidio” e critican á concellería de Parques e xardíns por permitir unha actuación que “amosa unha falta de sensibilidade medioambiental alarmante”. Acusan tamén á Concellería de Medio Ambiente de inacción ante os traballos feitos por unha empresa externa que “amputaron de xeito inaceptable as polas de ducias de árbores da Avenida Mendiño. Reclaman que a poda se deteña ata que non se revisen os protocolos.

AER fala de “atentado ecolóxico” ao referirse á poda realizada nas árbores que se atopan na Avenida Mendiño e que deixaron á veciñanza de Redondela abraiada este pasado xoves cando se achegou a esta zona. Unha empresa contratada polo Concello realizou unha poda “totalmente salvaxe, absolutamente innecesaria e sen un mínimo criterio medioambiental”. Consideran que a concellería de parques e xardíns, responsable destas tarefas, “ten que dar explicacións desta desfeita” ademais de deter todos os traballos de poda ata que non se revisen os protocolos “que nestes momentos parecen inexistentes”.

Reclaman tamén que a concellaría de Medio Ambiente se implique neste asunto e que “colabore co seu compañeiro de goberno para consensuar unhas políticas coa máxima sensibilidade medioambiental posible”.

Lembran que o cambio climático é un fenómeno imparable e que o mellor xeito de mitigar os seus efectos son as árbores. “Así o entenden en todas as principais capitais do mundo, así están a recuperar zonas verdes e a plantar árbores e, en cambio, en Redondela imos en dirección contraria. Estes atentados contras as árbores son impropios dun goberno que se di progresista”.

“Digna Rivas está a amosar a mesma sensibilidade medioambiental que o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, tristemente famoso por ter destruído centos de árbores na capital de España”, conclúe Cuni Orge, voceiro de AER.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará