Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior duplicará a subvención para a Banda Artística de Arcade e a Escola de música

banda arcade

A entidade recibirá 40.000 euros da administración local o que permitirá manter en activo a Banda de Música e garantir a permanencia da escola. O novo convenio supón duplicar a partida que a formación musical recibía ata o de agora. A Banda comprométese en contrapartida a realizar seis actuacións para o Concello.

O goberno Local de Soutomaior e Banda de Música Artística de Arcade inician o proceso de sinatura do convenio anual. Un convenio de 40.000 euros que duplica a achega do anterior goberno, e que ten como obxectivo axudar ao financiamento da Banda Artística de Arcade e garantir a permanencia da Escola de Música que leva moitos anos ensinando as habilitades musicais, a comprender e interpretar a música, e a tocar un instrumento musical ás cativas e cativos do concello.

A Banda Artística de Arcade, a terceira máis antiga de Galiza, cumpre 156 anos, ao longo da súa historia pasou por momentos difíciles, por este motivo dende o Goberno de Soutomaior queren, con este convenio, facilitar a xestión e o día a día da Banda.

Mediante este convenio se pacta coa Banda levar a cabo 6 actuacións para o concello de Soutomaior. De igual xeito a Banda e o concello se comprometen ademais a colaborar en calquera outra cuestión que non se contemple no convenio para mellorar a vida social e cultural do concello.

Colaboracións con comisións de festas

No convenio tamén se contempla unha partida de 5000 euros para que as diferentes asociacións e comisións de festas do concello teñan unha axuda á hora de contratar a Banda Artística. Facilítase así que calquera asociación que formalice esta petición terá ao seu dispor 500 euros para contribuír a que a Banda Artística teña presenza nas diferentes festas e eventos sociais do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará