Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta no Colexio Igrexa en Chapela en demanda duns “accesos dignos”

cole-1

A Anpa anuncia que continuará coas mobilizacións ante uns arranxos que seguen sen ser realidade malia estaren prometidos dende hai cinco anos, cando se inaugurara o colexio. Insisten no perigo que supoñen os accesos actuais “sen beirarrúas, con fochancas e con desprendementos”. Temen pola seguridades dos seus fillos e fillas “parece que están esperando a que pase algunha desgraza”.

A presidenta da ANPA, Tania Rodríguez insiste en que esta petición ven de lonxe “cando se inaugurou o colexio prometéusenos que os accesos ían arraxarse en breve, pero cinco anos despois as cousas seguen igual ou peor, porque os camiños están cada vez máis deteriorados”.

Falan de accesos empregados por nenos e nenas que carecen de beirarrúas, vías sen asfaltar e cada vez en peor estado polo paso dos autobuses, camiños alternativos con pedras que se desprenden e árbores que ameazan con virse abaixo “algún xa ten as raíces á vista logo dos temporais do inverno”.

Tania Rodríguez, presidenta da ANPA

José Manuel Rodríguez é pai dunha nena de primaria escolarizada neste centro e fala de accesos en “condicións deplorables”. Asegura que ten presentado numerosos escritos no concello pero que a única resposta que recibiu é que “a situación non é perigosa e que non hai orzamento para facer esta obra porque non a consideran urxente”.

José Manuel Rodríguez, pai afectado

Unha resposta que non comprenden xa que os obriga a transitar por uns camiños “intransitables”. Por este motivo teñen previsto continuar coas mobilizacións de xeito semanal e dando un paso máis “xa non serán concentracións ás portas do colexio, senón cortes de tráfico para facernos oír”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará