Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O ministro Hereu ofrece a súa colaboración para crear un centro de negocios na “casa da petanca”

Visita Hereu

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, visitou este xoves o Concello de Redondela e comprometeuse a transformar a Casa da Petanca, mercada por Zona Franca, nun Centro de Negocios para este municipio. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto con membros do goberno local, recibiron ao ministro, co que mantiveron unha xuntanza de traballo na que participaron tamén o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o deputado David Regades.

O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, comprometeuse a transformar a Casa da Petanca, mercada por Zona Franca por 266.000 euros, nun Centro de Negocios para este municipio. Para iso será preciso rehabilitar o edificio, que conta con baixo e dous andares e está catalogado como Ben de Interese Cultural, o que suporó un investimento de 800.000 euros. O boxectivo é crear un espazo no que os emprendedores poderán cubrir as súas necesidades, con equipamento e prestacións que fará destas instalacións “un polo de atracción que será referente en Galicia e Norte de Portugal”.

En materia de turismo o goberno local aproveitou para lembrarlle a Hereu a rehabilitación do viaduto vello de Madrid para uso peonil “unha alternativa ideal para os peregrinos que fan o Camiño Portugués pola Costa, que poderían evitar así a estrada nacional” en palabras da concelleira de Cultura Rita Pérez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará