Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Pazos cortan o tráfico na estrada Amoedo-Os Valos para esixir o seu arranxo

ep2702 editada

A plataforma pola mellora da EP-2702 volveu saír á rúa na mañá de hoxe para protestar pola falta de avances no arranxo dunha estrada que supón un perigo para peóns e condutores debido ao estado no que se atopa. Lembran que existía un compromiso por parte do anterior goberno da Deputación para investir un millón de euros nas obras de mellora neste vial, actuación que está paralizada dende a chegada do PP ao organismo provincial.

“por una estrada digna e segura”, “menos escusas e máis solucións” ou “queremos vivir tranquilos” eran algunhas das pancartas que portaban os veciños e veciñas que unha vez máis saíron á rúa na mañá de hoxe para amosar o seu descontento cunha estrada cada día máis deteriorada, cun elevado tráfico pesado e cuxo arranxo continúa paralizado tras anos de demandas e negociacións coas diferentes administracións.

Unha vez que os propietarios dos terreos lindantes á estrada cederan os seus terreos para acometer as obras e ampliación, parecía que todo estaba resolto para que esta obra tna demandada pola veciñanza da zona fora unha realidade.

De feito, en Abril do pasado ano a Deputación que presidía Carmela Silva presentaba no Centro Cultural de Nespereira o anteproxecto, cun investimento aproximado dun millón de euros que o organismo provincial tiña previsto financiar na súa totalidade. Con todo, o cambio de goberno cunha Deputación agora en mans do PP deixou o proxecto no aire. Alex Pérez dende a Plataforma pola reforma da EP-2702 explica que solicitaron en varias ocasións unha reunión cos representantes do organismo provincial e “tivemos a calada por resposta”.

A protesta de hoxe repetirase o vindeiro xoves 22 e teñen en marcha un calendario de mobilizacións co obxecto de esixir que se acometa o proxecto anunciado que ía transformar por completo este viario, corrixindo algúns puntos do trazado, ampliando a plataforma para a dotación de beiravías e corrixindo as curvas con menor visibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará