Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno rexeita reabrir a investigación pola “documentación manipulada” na solicitude dunha subvención

plenofeb

A investigación interna aberta polo Concello de Redondela para tentar esclarecer a suposta presentación de documentación manipulada a unha subvención para a reforma de Abastos pechou sen identificar responsables. Ante esa resolución os populares reclamaban que se reabrise a investigación por entender que se trataba “dun peche en falso”.

O edil do PSOE Antonio Cabaleiro contestaba a esta petición insistindo en que o propio arquitecto, cuxa firma tería sido supostamente manipulada, xa declarou que o seu informe non estaba falseado “o que afasta ao concello de calquera posibilidade de seguir investigando”.

Antonio Cabaleiro, PSOE

Moi críticos tamén se amosaban os edís de BNG e AER co grupo dos populares. Por unha banda o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González acusaba ao PP de “arrastrar o nome de Redondela polos xulgados”.

Xoán Carlos González, BNG

“A realidade é que non hai caso” sentenciaba o edil de AER, Roberto Villar, quen criticaba ao goberno de Rivas que as cousas se tiveran feito mal “unha verdadeira chapuza na xestión deste expediente” pero recriminaban ao PP que tentaran sacar rédito político dun tema que xa non da máis de si unha vez que o informe do secretario descarta que haxa responsabilidades neste asunto.

Roberto Villar, AER

Insistía a edil do PP, Ana Alonso, en acusar ao goberno local de querer pechar este asunto en falso e volvía a esixir a reapertura do expediente para depurar responsabilidades “xa sexan penais, administrativas ou políticas”.

Ana Alonso, PP

Unha petición que non saíu adiante ao non contar cun ningún aliado entre o resto dos grupos da corporación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará