Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Julio Prado retírase como Presidente do Club de Remo Chapela

297013965_5132471753548061_4754511106498736594_n

O CR Chapela convoca a tódolos socios e socias á Asemblea Extraordinaria para a renovación da Directiva, o domingo 4 de febreiro nas instalacións do club. Esta cita inusual coincide co 40 aniversario da entidade deportiva e é soado que haberá un cambio na estrutura do mando pola retirada do actual Presidente Julio Prado que despois de 20 anos decide descansar da dirección.

Adiantaba nunha entrevista para a Radio Municipal que unha das candidaturas que se postula para o seu posto é o Vicepresidente Antonio Viaño. Este conta con 5 anos de experiencia ao lado de Prado e coñece o funcionamento do club “á perfección”. Se non hai sorpresas e saen máis candidaturas, Viaño proclamaríase novo Presidente.

Julio Prado, Presidente do CR Chapela

Prado explica que a decisión foi voluntaria e con motivo dun descanso necesario para afastarse das responsabilidades e poder desfrutar de máis tempo coa familia.

Julio Prado, Presidente do CR Chapela

Este cambio para o técnico é algo positivo porque “hai que apostar polas novas ideas” e “deixar paso as novas xeracións que son o futuro”.

Julio Prado, Presidente do CR Chapela

O que si ten moi claro é que non vai abandonar o Remo e moito menos ao CR Chapela, ao que quere seguir conectado e apoiando para facilitar o novo mandato.

Julio Prado, Presidente do CR Chapela

Está previsto facer un acto de despedida que anunciarán ao longo deste mes. O evento acollerá aos remeiro,  técnicos  e principais representantes das institucións locais en honra dunha das figuras máis importantes da historia do club: Julio Prado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará