Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Apagón dixital en Chapela

veciños afectados

Un grupo de veciños da Subida ao Picoto denuncian que este mesmo mes quedarán sen internet e sen liña telefónica pola negativa de Movistar a instalar na rúa os postes necesarios para o paso do cableado que lles permitiría acceder á fibra óptica. Aseguran que sería suficiente con colocar “un ou dous postes” e instan ao concello a interceder ante esta situación que afecta a un tramo dunha rúa que si conta con esta tecnoloxía “agás as casas que nos atopamos no medio”.

Os veciños que residen no tramo afectado séntense “indefensos e ninguneados” ante unha situación que os vai deixar illados tecnoloxicamente a partir do 28 de febreiro. Nesa data Movistar pasará a traballar exclusivamente con fibra óptica, unha tecnoloxía á que eles non teñen acceso porque a propia compañía se nega a instalar os postes que serían necesarios para o paso do cableado.

Explican que “a rúa ten cobertura de fibra dende 2019 pero incomprensiblemente un tramo non pode acceder a ela”. “Estamos desesperados porque por un lado obrígannos a cambiar a fibra e por outro non nos instalan a infraestrutura necesaria”.

Lembran que este problema ten numerosas implicacións “xa que hai veciños que verán comprometido o seu posto laboral, xa que varios teletraballan dende casa e precisan de conexión a Internet”. Na mesma situación atópanse nenos e mozos adscritos a programas escolares como E-dixgal da Xunta de Galicia que necesita unha conexión axeitada.

Insta ao concello a mediar ante o desprezo amosado pro Movistar para que “doten de fibra óptica este tramo da rúa tal e como vimos demandando dende hai máis de cinco anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará